venres, 4 de xuño de 2021

CHEGA O VERÁN! PROPOSTAS LECTORAS AO ABEIRO DUN PARASOL. Bibliotelleiras maio-xuño 2021

 A proximidade do verán comeza a facerse notar nas nosas vidas: os días máis longos, a subida de temperaturas, os ceos máis claros, a ausencia de nubes... Todo invita a sacar xa dos armarios as toallas, os traxes de baño, as cremas solares, a roupa máis fresca e deportiva, as sandalias, os sombreiros e as gafas de sol... Que mellor época do  ano para gozar da tranquilidade de ler un libro e  esquecerse de todos os problemas? Os libros converteranse en compañeiros de xornadas de sol e praia, de saídas ao monte, de recunchos de plácido descanso nas casas despois das comidas e de solpores á beira do mar.

A Bibliotelleiras quere ofrecer unha escolma de títulos suxestivos de entre os que son novidades nos catálogos editoriais; como o noso desexo é poder ofrecer un abano amplo para toda a familia, propoñemos títulos dirixidos a todas as idades.

Velaquí a nosa proposta; confiamos que vos gusten!

Para @s máis cativos da casa: 








 E para non tan cativ@s:









 
Para @s que xa cumpriron máis anos:











Ningún comentario:

Publicar un comentario